jueves, 1 de enero de 2009

O cantante pediu desculpas

Sergio, cantante e guitarra a tempo parcial da banda, pediu desculpas en repetidas ocasións, solitando que este blogue fixera de altofalante na súa petición de desculpas a Roberto.

Roberto, o técnico de son, que fixo unha grande labor no día o concerto dun xeito altruista e a costa do seu traballo, foi esquecido por completo na hora dos agradecementos.

Segundo Sergio, o erro debeuse "á miña propia incapacidade mental para enfrontar varias tarefas a un tempo".

Grazas por todo Roberto.

Na imaxe aparece Gusi -agochado atrás do pc-, Roberto, de pé traballando, e Carlos, incondicional da banda (o que tamén lle agradecemos a súa asistencia).

No hay comentarios: