O Gabinete de prensa da banda confirmaba esta mañá o tan desexado "ao vivo". Causas pendentes actuará o día 20 de decembro, ás 23:30 horas, no Café-bar CAMPER. Este local, sito na localidade de Allariz (Ourense), xa ten sido escenario de anteriores incursións da banda.
O concerto -patrocinado por este blogue independente, tolerante, culto, correcto, respetuoso, etc. etc.- ten a finalidade de "demostrar que é posible", segundo afirmaba o responsable de prensa. Trátase de unha cuestión de orgullo e dignidade porque "como reza o dito popular ás tres hai vez".
O espectáculo, con varios invitados, terá unha duracción aproximada de hora e media ou dúas horas. Contará con importantes innovacións tecnolóxicas, ata arestora non empregadas pola banda e fará as "delicias dos asistentes".
O representante fixo grande fincapé no feito de que "será un espectáculo único a nivel mundial", o que engadido ás dimensións do local fai imprescindible acadar axiña as invitacións.
Este blogue, que actuará como xestor das invitacións e coordinará o reparto de localidades, porá de contado un servizo para a recollida de solicitudes.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario