
Onte pola noite coñecíamos este feito. Causas Pendentes rexeitou en varias ocasións propostas de colaboración con bandas como os italianos Negrita e Ligabue, o portugués Pedro Abrunhosa ou as bandas anglofalantes The Cure e Depeche Mode.
Ó parecer, segundo nos informaron fontes de fidelidade dubidosa, as causas máis verosímiles destas negativas foron as propias da incompatibilidade laboral e xeográfica. "Os cantantes viven do aire e nos temos que erguernos cedo e traballar, e non podemos andar a todas as horas rañándoa dun lado para o outro", esas foron as verbas dun dos membros ás que os demáis asentiron condescendentemente.
Pese a que o conceito de traballo dalgún dos compoñentes sexa moi cuestionable, hai moitos funcionarios -e todos sabemos o que se di deles-, pero o que ainda é máis grave é o referente ós que traballan na empresa privada, "tantas horas sentado para tan pouco facer", afirmaba un experto do sector.

Por último, o noso conveniente confidente, asegurou que, de chegar outro ofrecemento e se coincidiran as datas, non houbera que traballar "cristianamente" e fose a gastos pagos -o máis importante-, Causas Pendentes "podería acceder a choiar con eles". Dende este medio engadimos e opinamos que e moi pouco o que piden e que son de bo conformar.
1 comentario:
...
...
Só por eso vou buscar un trombonista para a fecha. Verás...
Publicar un comentario