miércoles, 29 de octubre de 2008

O repertorio está pechado para o concerto de Nadal

O repertorio que Causas pendentes vai "perpetrar" nas datas previas ó Nadal 08, xa está fechado, segundo afirmaba hoxe pola mañá o seu representante nunha entrevista telefónica mantida con este medio.

Semella que non se vai facer rolda de prensa para adiantarlle ós medios cal vai ser a escolma feita de cara a súa difusión previa ó "día D". Fontes moi de fiar (o meu alter ego) dixeron que o repertorio non variou de xeito importante, agás unhas pequenas variacións nos temas que non atoparon acougo por razóns diversas.

A causa principal alegada para o mantemento deste silencio débese a que o xuiz Sr. Ir Risorio, decretou o segredo sumarial na causa que leva contra a banda Causas pendentes, por delitos contra a saúde pública -agresións auditivas-, denunciados polos veciños que sofren os ensaios.

No hay comentarios: