martes, 23 de septiembre de 2008

Concerto de Nadal 2008

Pode ser, esta vez si que pode ser. O sábado víase o sorriso nas facianas dos contertulios do café.

A historia comeza coma sempre, todo pode ser, hai boas intencións, "ansia viva" por arrancarse a ensaiar e espetar un concerto épico (por fin algo ben feito).

Pero, para comezar, ainda non hai nome para a banda. Mal comezo.

Porén, parece que se podería rescatar o repertorio da anterior ocasión, habería que facer unha escolma minuciosa e un rexeite de excedentes. Os temas que aparecían na anterior proposta eran "moitos de nuestro señor".

Non estaría mal someter o choio a propostas do "populus". Ou mellor, que a xente vote (que exercicio máis democrático), ínflome eu mesmo de democracia (menuda borracheira do voto). Fagamos unha papeleta con duas casiñas e que a xente elixa libremente, sen presións. Coido que esto lle saiu mal ó Ibarretxe.

Melhor sería colgar a listaxe e que a xente discrimine as que non queira escoitar "perpretadas" por nós. En último caso se a xente se aburre, non sería culpa nosa. Sería un TRIUNFO DA DEMOCRACIA.

O do nome, problema co que comezábamos, mellor volver a abrir o diccionario e que sexan os trasnos os que Decreten (nada de democracias).

No hay comentarios: