O que suscribe cre que hai un evidente mono de darlle ó instrumental. A proba é que as esixencias sobre o "ropertorio" non foron máis aló de un "bueno e en que plan". Ao que o cantante respostou suxerindo retomar o "concerto frustrado 4".
Se vamos a unha política de feitos consumados, qué temos? A tres elementos dispostos: o que peta na batería, o que raña no teclado e o que canta, que chegado un caso de moita necesidade "de nuestro señor", podería facer ouvear a guitarra.
O que quedou totalmente claro é que o baterista non se quere comprometer ca elaboración dunha terna, ou dun músico "de confianza". Circunstancia derivada dos fracasos das súas últimas propostas, que remataron con sendas retiradas, casi semellantes á de Pinochet como Senador vitalicio, é dicir, marcho pero estou mentres paso do choio.
O asunto é que, como na Anábasis de Jenofonte, esta vez parace que imos berrar Thalassa, Thalassa!!