martes, 30 de diciembre de 2008

As imaxes do ensaio

Concerto Frustrado tivo acceso a unhas imaxes roubadas dos ensaios da banda CAUSAS PENDENTES, nas que se ve a ansia viva coa que colleron a preparación do evento.



Outras imaxes serán colgadas en días sucesivos.

martes, 16 de diciembre de 2008

CAUSAS PENDENTES pecha as "cousiñas pendentes"

Causas pendentes aseguraba hoxe de mañá que xa está todo listo para o vindeiro sábado. As cuestións técnicas e musicais semellan estar dispostas para dar "unha noite desas inolvidables, desas que non se esquecen, ben sexa polo sinistro ou polo espectacular".

O concerto, que como xa se ten dito dende este medio, será o sábado a iso das 11:30 da noite, levará a unha longa e intensa tarefa de ensaio ó longo dese mesmo día, que segundo semella comezará a iso das 10:00 horas e rematará logo das 17:00 para ter un momento de relaxación previa ó gran concerto.

Allariz, de novo testigo de tan inigualable espectáculo, será testigo da saída da banda por entre o fume.

viernes, 12 de diciembre de 2008

CAUSAS PENDENTES xa ten cartel para o concerto

Xa é definitivo, como semellaba nun primeiro momento, as modificacións limitáronse a cuestións informativas -data, lugar, etc.- O anuncio definitivo deste grande suceso será este:

CAUSAS PENDENTES amplia o abano de colaboracións

Hoxe tivemos noticia do amplo abano de músicos que soarán no concerto. A data, especial a xulgar polo número de músicos que se darán cita, contará con metais.

"O directo verase amplamente reforzado coa participación dos músicos que formarán a sección de metal da banda". Segundo se confirmou a este xornalista, os músicos de vento "terán a sú aparición puntual ou en conxunto nos distintos temas e cando se requira deles".

Amais, tamén colaborará "un baixista de recoñecida calidade co cal nos une unha amizade que ven dende a infancia". O baixista colaborará en temas que requiren dun especial virtuosismo e creatividade.

Sobre a intervención de outros cantantes ou duetos, non se engadiu novidade algunha.

O borrador do anuncio do concerto de CAUSAS PENDENTES

Este blogue, logo dunha longa tarefa de investigación tivo acceso ó que se prevé sexa un primeiro achegamento ó anuncio do concerto. Este documento gráfico suponse que vai ser o anuncio do evento de CAUSAS PENDENTES.



Os nosos xornalista confirmaron que "no intre no cal teñamos acceso ó documento definitivo non dubidaremos en publicalo, ainda que nos adiantemos á pegada oficial".

Concertofrustrado dixit.

martes, 9 de diciembre de 2008

CAUSAS PENDENTES ACTUARÁ O DÍA 20 DE DECEMBRO

O Gabinete de prensa da banda confirmaba esta mañá o tan desexado "ao vivo". Causas pendentes actuará o día 20 de decembro, ás 23:30 horas, no Café-bar CAMPER. Este local, sito na localidade de Allariz (Ourense), xa ten sido escenario de anteriores incursións da banda.

O concerto -patrocinado por este blogue independente, tolerante, culto, correcto, respetuoso, etc. etc.- ten a finalidade de "demostrar que é posible", segundo afirmaba o responsable de prensa. Trátase de unha cuestión de orgullo e dignidade porque "como reza o dito popular ás tres hai vez".

O espectáculo, con varios invitados, terá unha duracción aproximada de hora e media ou dúas horas. Contará con importantes innovacións tecnolóxicas, ata arestora non empregadas pola banda e fará as "delicias dos asistentes".

O representante fixo grande fincapé no feito de que "será un espectáculo único a nivel mundial", o que engadido ás dimensións do local fai imprescindible acadar axiña as invitacións.

Este blogue, que actuará como xestor das invitacións e coordinará o reparto de localidades, porá de contado un servizo para a recollida de solicitudes.

jueves, 20 de noviembre de 2008

CAUSAS PENDENTES rexeita ofertas de traballo con afamadas bandas



Onte pola noite coñecíamos este feito. Causas Pendentes rexeitou en varias ocasións propostas de colaboración con bandas como os italianos Negrita e Ligabue, o portugués Pedro Abrunhosa ou as bandas anglofalantes The Cure e Depeche Mode.


Ó parecer, segundo nos informaron fontes de fidelidade dubidosa, as causas máis verosímiles destas negativas foron as propias da incompatibilidade laboral e xeográfica. "Os cantantes viven do aire e nos temos que erguernos cedo e traballar, e non podemos andar a todas as horas rañándoa dun lado para o outro", esas foron as verbas dun dos membros ás que os demáis asentiron condescendentemente.


Pese a que o conceito de traballo dalgún dos compoñentes sexa moi cuestionable, hai moitos funcionarios -e todos sabemos o que se di deles-, pero o que ainda é máis grave é o referente ós que traballan na empresa privada, "tantas horas sentado para tan pouco facer", afirmaba un experto do sector.

Por último, o noso conveniente confidente, asegurou que, de chegar outro ofrecemento e se coincidiran as datas, non houbera que traballar "cristianamente" e fose a gastos pagos -o máis importante-, Causas Pendentes "podería acceder a choiar con eles". Dende este medio engadimos e opinamos que e moi pouco o que piden e que son de bo conformar.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Recomendacións para o aloxamento

De seguido vai unha serie de links para que podades consultar os sitios de interese en vistas á vosa estancia.

A vila de Allariz ten unha ampla oferta de sitios onde durmir. Para coñecelos clica aquí. Se prefires ir a un hotel, clica aquí.



O mesmo podemos dicir dos sitios para comer e onde ir de tapas e viños.

martes, 4 de noviembre de 2008

Cómo chegar á vila do concerto

Comezamos este nova liña de novas relativas á información de utilidade para que os asistentes se acheguen ata Allariz coa maior facilidade posible.

1.- Para os que veñan por estrada:
- A mellor opción é buscar a autoestrada A-52 ata a saída de Allariz. Unha vez na vila preguntar.
- Para os que veñan dende Celanova: recoméndase coller a OU-300.
- Para os que veñan en bus: Estación de Autobús de Allariz; Rúa Emilia Pardo Bazán s/n; Telf. 988 440 508; Fax 988 440 508.


2.- Para os que veñan por avión:
- As chegadas poden facerse ós aeroportos de Lavacolla (Santiago de Compostela), Peninador (Vigo), Alvedro (A Coruña). Despois hai que coller o coche e facer o recomendado no primeiro punto.

3.- Para os que veñan por mar:
- Independentemente do porto ó que cheguen, que collan unha estrada que lles permita chegar ó indicado no punto 1.

4.- Para localizar a rúa donde te queres aloxar clica aquí.

miércoles, 29 de octubre de 2008

O repertorio está pechado para o concerto de Nadal

O repertorio que Causas pendentes vai "perpetrar" nas datas previas ó Nadal 08, xa está fechado, segundo afirmaba hoxe pola mañá o seu representante nunha entrevista telefónica mantida con este medio.

Semella que non se vai facer rolda de prensa para adiantarlle ós medios cal vai ser a escolma feita de cara a súa difusión previa ó "día D". Fontes moi de fiar (o meu alter ego) dixeron que o repertorio non variou de xeito importante, agás unhas pequenas variacións nos temas que non atoparon acougo por razóns diversas.

A causa principal alegada para o mantemento deste silencio débese a que o xuiz Sr. Ir Risorio, decretou o segredo sumarial na causa que leva contra a banda Causas pendentes, por delitos contra a saúde pública -agresións auditivas-, denunciados polos veciños que sofren os ensaios.

lunes, 27 de octubre de 2008

Algunhas das obras que se escoitarán no concerto son de John Juilliams

O derradeiro éxito que trouxeron os expedicionarios da súa visita por Cerdeña foi o compromiso do famoso compositor John Juilliams de preparar unhas composicións para a introducción do concerto e o inicio dos bises.

Concerto frustrado, blogue de referencia da banda Causas pendentes, estivo con eles e foi testigo directo das conversas entre os músicos e dos acordos asinados.

John Juilliams, afamado autor de grandes composicións para películas como ET, A jerra das galaxias, etc. chegou a este acordo tras a conversa que tivo lugar cos emisarios da banda no percurso dun xantar musical nun bar de Villasimius, localidade sita no sur da illa. Nesta ocasión faría de traductor o xenial "Darvader", un dos personaxes das películas que musicou o señor Juilliams.

Aquí temos unhas declaracións que deixou a este medio o propio interlocutor, que neste caso si que foi válido.



Con esta nova aportación o espectáculo xa queda perfilado, na súa concepción estructural -dividida en dúas partes claramente diferenciadas-, e no apartado das colaboracións.

martes, 21 de octubre de 2008

XA HAI NOME

O nome será CAUSAS PENDENTES. Hoxe pola mañá recibíamos na nosa redacción a Nota de Prensa, difundida pola representación da banda, ata o de agora sen nome, na cal se confirmaba que xa hai nome para a xira 2008.

A decisión de chamarse Causas Pendentes ven motivada polas implicacións delictivas de varios dos compoñentes. Algúns deles foron acusados pola opinión pública de insultos contra a dignidade da música e do público asistente ós concertos. En xeral, a xente ten ganas de rersarcir os danos súa integridade preferiblemente auditios.

A representación da banda asegura que desta vez os asistentes poderán pasar factura porque o show será correcto en execución e espectacularidade.

Segundo se adiantou, haberá un gran despregue luminotécnico e audiovisual, permitindo ós espectadores gozar dun completo show, que, dende o comezo ata o fin, será satisfactorio. Asemade contan con poder gozar coa incondicional colaboración dos admiradores.

Fíxose especial fincapé en que ó remate do concerto non se firmarán discos, engadindo "agradeceremos que nos bote unha man a xente para recoller os trebellos ó remate do concerto" -materialización principal da colaboración-.

lunes, 20 de octubre de 2008

"Os encontros musicais foron moi productivos", aseguraba o cantante da banda sen nome

Os encontros mantidos na viaxe a Cerdeña polos emisarios da banda sen nome, segundo se afirmou na rolda de prensa que deron o cantante máis o rañateclas hoxe pola mañá, "foron moi productivos".

Ó parecer as relacións que se mantiveron cos músicos árabes permitiron comprender "a influencia da música dos países do sur do Mediterráneo nas polifonías sardas".

A xuntanza, que se mantivo co xeque Salim ibn Demne, "foi moi amistosa grazas ó papel dunha das mozas do harén que fixo de intérprete". Unha cousa que destacaron todos os expedicionarios foi que o pazo do jeque Salim ibn Demne tivese pouca luz e casi todo estivese alumano con cirios.

Fruto dese encontro son estas imaxes rescatadas polo equipo de redacción deste medio, nelas podese apreciar a disposición da rapaza no que semella unha sección de contactos.



A reunión rematou cun intercambio de agasallos como mostra de un bo dispor perante futuras colaboracións. "Temos unha intención clara de tentar introducir certos conceptos no próximo concerto".

Para rematar, os músicos aseguraron que "as demonstracións melódicas e instrumentais cas que fomos obsequiados foron un luxo para os nosos oídos, e isto ven a demostrar que son necesarias estas viaxes para enriquecer a nosa música".

jueves, 16 de octubre de 2008

A EMPANADA MARCABA O COMEZO

Unha vez máis foi a empanada a encargada de marcar o comezo e a despedida de España. Foi o último bocado, antes de coller o avión, que tomamos nunha cafetería de Barajas, ante os ollos de envexa dos presentes, evidentemente.

Aquí vai a proba, xa mentres agardábamos o embarque, que amosa o pouco que quedou da empanada.



Expresións como "a túa nai é unha bendita", en clara alusión á Teresa -nai do cantante- e como agradecemento por enviar a empanada, foron escoitadas con frecuencia entre os beneficiarios de tan abondoso e gustoso alimento.

miércoles, 15 de octubre de 2008

REMATADA A VIAXE E É HORA DE FACER O INFORME

Polo que poidemos deducir das facianas dos viaxantes de periplo polo Mediterráneo, a visita a Sicilia foi intensa e productiva, no aspecto musical. Noutros, segundo o portavoz, "o regueiro estaba sequiño, nin sequera había cirios".

Foron poucas as verbas cas que nos agasallaron os expedicionarios da banda na súa chegada ó Aeroporto de Madrid-Barajas. Cerdeña xa é pasado, agora queda elaborar o informe e sacar as conclusións.

Houbo encontros con músicos árabes, con John Williams que veu acompañado de "Darvader" e con dous vellos que estaban agochados do sol debaixo dun carballo. Detalles dos que se falará en futuras informaciones, esperamos que xa con datos e imaxes que ilustren as novas.

O que máis agradeceron os viaxantes foi o excelente trato recibido dende a chegada ó aeroporto de Cagliari-Elmas, ca señorita do "autonoleggio", a eficiencia dos guías -excelente a tripulación do coche-. "A conducción foi correta, pero o que lle deu excelencia ó viaxe foi a atención personalizada da azafata, cos permanentes avisos e comunicacións pola megafonía, ademáis estaba moi pendente sempre de pechar as portas", indicou un membro da empresa.

jueves, 9 de octubre de 2008

VISITA DE MERGULLAMENTO NA PROCURA DE NOVOS INFLUXOS


Dous membros da banda realizarán unha viaxe á illa de Cerdeña na procura de novos influxos. A viaxe, que terá lugar nestes días de outubro, e que coincide ca ponte, ten unha finalidade claramente "investigativa".

Tanto o "rañateclas" como o "cantante" -en sentido amplo-, son os dous membros destacados a ínsula do Mare Nostrum para manter encontros con músicos de Cerdeña.

A investigación, que lóxicamente irá acompañada de viños e comida da contorna, pretende comprender as armonías insulares e a estretexia compositiva italiana no seu conxunto para centrarse, finalmente, nas particularidades propias da illa. A finalidade desta empresa é poder fusionar as conclusións que se extraigan cos máis afamados hits da banda.

De todas as peripecias e encontros musicais manterase informado ó público en xeral e ós diversos clubs de fans que hai espallados polo mundo en particular.

lunes, 6 de octubre de 2008

Ledicia xeralizada polo aniversario do "rañateclas"

O tempo pasa e nos imos facéndonos vellos, que razón tiña a canción de aquel Silvio de Cuba. Ainda que para algúns a xuventude e o espíritu insurrecto vaia por dentro.

O teclista da banda cumpre hoxe os "taetantos", e anda todo feliz, como ten que ser. En realidade se non chega a ser pola espectativa do concerto estaría fondamente apesarado.

Sí, cada día teño menos dúbidas, o subidón de adrenalina do concerto fai esquecer as doenzas, e eso que algúns "padecen moito de nuestro señor", por moito que agora o atenúen con tratamentos de xuventude de índole deportiva porque, como dirían os portugueses, "a chave é experimentar". A bo entendedor...

En resumo, desexarlle moitos parabéns e que cumpra moitos máis, que ainda nos restan moitos concertos e, agardemos, algún "ao vivo" sen faíscas.

sábado, 4 de octubre de 2008

SI, SI, SI



Ben dicía a canción: "sí, sí, sí, los de la banda, los de la banda; sí, sí, sí, los de la banda estamos aquí".


Onte confirmábase totalmente, numerosos medios de comunicación -este blogue un deles- vían a sinatura dos contratos de todos os membros. A tarefa non foi doada. Houbo que tirar de mao -dereita ou esquerda, pero sen violencia- e paciencia para achegar vontades.

Xa hai banda pero... queda o pior, porse en marcha e comezar os ensaios. O pior por qué? Fácil, porque o que se quere facer é un concerto no Nadal de 2008, en principio en decembro. (Gargalladas, berros, escarallación en xeral no auditorio).

Esta banda nunca foi de achantar perante as dificuldades. Nunca houbo quen de achicar a vontade numantina, que digo numantina, nin vaccea, nin suevo-visigótica, a vontade e a moral da banda e a do espíritu "praia de Palomares". Todo é posible, nin a radiación será dabondo para nos parar.

Alén diso... discutir a data, o nome da banda para este novo intento, etc. etc. Mi madriña que cansancio.

miércoles, 1 de octubre de 2008

Semella que hai acordo

A procura de membros xa está pechada. A fichaxe de Iago é un feito e andamos en negociacións con Chemi.


O guitarra e baixo de anteriores ocasións, Iago Domínguez, en ningún momento puxo un pero para tocar coa banda máis frustrada de Ourense. As negociacións entre os representantes foron duras pero, ó final, agás uns pequenos temas económicos -nos queremos pagar e el non quere cobrar- todo parece fechado para contar con Iago.


O caso de Chemi comezou cun acercamento amistoso -cafeína por medio- na mañá de hoxe. Hai que dicir que todo vai ben, xa que él puxo todas as facilidades para que podamos contar co seu arte e destreza "guitarrística".


Con isto, todavía un pouco no aire -ata que se fechen e firmen os contratos-, a banda estaría fechada co único problema de que o cantante, desgraciadamente, tería que tocar a guitarra -"mi madriña", que catástrofe-.

jueves, 25 de septiembre de 2008

THALASSA, THALASSA

A maquinaria está ON. Certo, xa comezaron os primeiros pasos na procura de elementos musicais. De momento están os tres de sempre e andan en negociacións con algún dos derradeiros colaboradores.

O que suscribe cre que hai un evidente mono de darlle ó instrumental. A proba é que as esixencias sobre o "ropertorio" non foron máis aló de un "bueno e en que plan". Ao que o cantante respostou suxerindo retomar o "concerto frustrado 4".

Se vamos a unha política de feitos consumados, qué temos? A tres elementos dispostos: o que peta na batería, o que raña no teclado e o que canta, que chegado un caso de moita necesidade "de nuestro señor", podería facer ouvear a guitarra.

O que quedou totalmente claro é que o baterista non se quere comprometer ca elaboración dunha terna, ou dun músico "de confianza". Circunstancia derivada dos fracasos das súas últimas propostas, que remataron con sendas retiradas, casi semellantes á de Pinochet como Senador vitalicio, é dicir, marcho pero estou mentres paso do choio.

O asunto é que, como na Anábasis de Jenofonte, esta vez parace que imos berrar Thalassa, Thalassa!!

miércoles, 24 de septiembre de 2008

REPERTORIO

O tema do repertorio (dos máis debúxase un sorriso nos meus beizos) xenera auténticas regueifas. Despois "concerto frustrado4", o repertorio esta formado por moitos temas, pero había que reducido a 18 temas, 21 semellan moitos.

Os temas eran estes:
1.- Cruzar los brazos (Víctor Manuel).
2.- Pégate a mí (Loquillo y los trogloditas)
3.- Ningún mal (Luis Auserón).
4.- Mi coco (Los piratas)
5.- Quien me ha robado el mes de abril y Así estoy yo sin tí (Joaquín Sabina)
6.- Amor (La naranja china).
7.- Años 80 (Los piratas)
8.- As dores do mundo (Jota Quest)
9.- Encontrar alguem (Jota Quest)
10.- Annabel Lee (Radio Futura)
11.- Acojonao (Los enemigos).
12.- Song 2 (Blur)
13.- Mucha policía (Sabina)
14.- Xa están aquí (Os resentidos)
15.- We can't I be you (The cure).
16.- Promesas que no valen nada (Los piratas).
17.- Señora (Los enemigos)
18.- Cadillac solitario (Loquillo y trogloditas).
19.- Enjoy the silence (Depeche mode & Linkin Park).
20.- Where the streets have no name (U2).
21.- Sunday bloody sunday (U2)

Unha das razóns de colgar os temas e para que se enteren os da banda o que hay, de seguro que xa non se lembraban, e que estuden a posibilidade de mellorar o asunto recortar ou qué facer con esto.

O concerto dos tembleques

Ahí vai unha imaxe do concerto frustrado con máis tembleques (con gran padecemento por parte dos penitentes), ó final non se executou, pero case executamos ó sobriño do batería, mellor dito, casi o executa o tendido eléctrico (ou traída da luz) do Concello.
Foi unha mágoa porque sería, de chegar a "perpetralo", o primeiro ó aire libre.

martes, 23 de septiembre de 2008

Concerto de Nadal 2008

Pode ser, esta vez si que pode ser. O sábado víase o sorriso nas facianas dos contertulios do café.

A historia comeza coma sempre, todo pode ser, hai boas intencións, "ansia viva" por arrancarse a ensaiar e espetar un concerto épico (por fin algo ben feito).

Pero, para comezar, ainda non hai nome para a banda. Mal comezo.

Porén, parece que se podería rescatar o repertorio da anterior ocasión, habería que facer unha escolma minuciosa e un rexeite de excedentes. Os temas que aparecían na anterior proposta eran "moitos de nuestro señor".

Non estaría mal someter o choio a propostas do "populus". Ou mellor, que a xente vote (que exercicio máis democrático), ínflome eu mesmo de democracia (menuda borracheira do voto). Fagamos unha papeleta con duas casiñas e que a xente elixa libremente, sen presións. Coido que esto lle saiu mal ó Ibarretxe.

Melhor sería colgar a listaxe e que a xente discrimine as que non queira escoitar "perpretadas" por nós. En último caso se a xente se aburre, non sería culpa nosa. Sería un TRIUNFO DA DEMOCRACIA.

O do nome, problema co que comezábamos, mellor volver a abrir o diccionario e que sexan os trasnos os que Decreten (nada de democracias).